Os nosos inicios
A empresa Construcciones Iglesias Mera, s.l. inicia a súa actividade no ano 1979 como resultado do traballo realizado polo seu fundador, xa no sector da construción, durante varios anos atrás.
Nun principio a nosa actividade céntrase principalmente na execución de contratas por conta allea, xa fosen de carácter residencial, vivendas e reformas, de carácter industrial, naves ou reformas de locais comerciais e industriais, ou de infraestructuras xerais tales como saneamentos e todo tipo de obras tanto para organismos públicos como privados.
Historia
Durante a última metade da década dos oitenta e principio dos noventa, o obxectivo da nosa empresa é a súa consolidación como empresa constructora na comarca de Santiago, centrando cada vez máis o noso traballo en contratas para empresas e organismos públicos.
Xa nos anos noventa, empezamos a compaxinar o noso traballo como constructora co da promoción inmobiliaria. É neste período onde a nosa empresa logra a consolidación, tanto como constructora como na súa faceta de promotora. O noso ámbito de actuación céntrase no área metropolitana de Santiago, e principalmente nos concellos de Ames, Teo, Padrón, e Santiago de Compostela, aínda que tamén realizamos traballos noutras zonas de Galicia.
Finalizando os anos noventa e durante a presente década, o noso traballo céntrase na construción para empresas alleas ao sector, a promoción inmobiliaria e o desenvolvemento e xestión de chan, residencial de promoción privada e pública, ou terciario comercial.
Obxectivos
O noso obxectivo é manter as nosas dúas principais vías de negocio, como son a construción e a promoción inmobiliaria, centrándonos principalmente na construción por conta allea, permanecendo fieis á nosa política de crecemento contido, e sempre dentro do coñecemento que temos das nosas limitacións e da nosa filosofía conservadora de crecemento.
Feitos
Resumo de obras realizadas según o tipo de actuación